- A Galiza prácida de Anestésicos Feijóo: Sen políticos da oposición galega no Telexornal do sábado.
- "Sexting mata?", Maralice de Souza Neves.
- "No hay más sexualidad que la desviada": Manuel Fernández Blanco sobre o caso de Domingo Neira.
- Vídeo do estampido de deputadas e deputados no Congreso en 2007, cando o BNG presentaba unha iniciativa para que finalizase o veto á construción naval civil en Ferrol, un tema fulcral para a economía do país. Hai pouco falouse doutra desbandada semellante, cando os deputados e as deputadas saíron a fume de carozo para apañaren os transportes que os levarían para os seus fogares. Sen dúbidas, a de 2007 é máis significativa sobre o papel do Congreso e o papel de Galiza no Estado. Tróuxoa moi ben á memoria o blogue Cousas de Imeneo.
- O CSIC evita titular a súa revista galega en galego "para no perder prestigio". O conselleiro de Educación e Cultura, presente no acto, declinou dicir nada ao respecto. O secretario xeral de Política Lingüística, ao día seguinte, tamén amparaba o asunto e só dicía, de xeito propagandístico e disparatado, que daría diñeiro para unha edición galega da revista. Recordemos ao respecto a situación do galego no campo das pesquisas académicas e, tamén, a desatención da Xunta aos medios de comunicación no noso idioma.
- Vídeo da recente chuva de pedras en Sicilia, vindas do Etna.
- A imparábel ruína de Pompeia. A reformulación de orzamentos públicos e a externalización de servizos, ou como queira que chamen aló aos recortes e ás privatizacións, parece que tamén teñen o seu peso na aceleración do declive.
15 de dez. de 2013
Auguiña de sete fontes (15)
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário