- Gadis despide unha traballadora que estaba de baixa por unha operación e nin lle dá ningunha indemnización tras 14 anos na empresa, a pesar de que mesmo a súa doenza é consecuencia da actividade laboral. Puagh!
- A Consellaría de Educación eliminou da plataforma da formación a distancia da FP os materiais que estaban en galego e substituínos por material en español. Ole el bilingüismo!
- Canto levan da Xunta os familiares de Feijóo e Romay?
- Galiza, a penúltima comunidade autónoma con menos ocupación hostaleira. Nin así vai haber ningunha mudanza nestas políticas? Tampouco nisto a Xunta ten ningunha responsabilidade?
- Programa de VíaV do 18 de abril pasado, sobre o que se ía xa sabendo en relación coa reforma da Lei do aborto.
- "Indígname", Manuel Bragado.
- O Goberno español reforza o emprego temporal e legaliza as horas complementarias.
26 de dez. de 2013
Auguiña de sete fontes (17)
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Na formación a distancia creo que todos os temarios sen excepción de todos os ciclos formativos, medios e superiores, están en castelán: temarios, traballos, exames... quitado a plataforma (será ese o bilingüismo...), ainssss, por riba non é que só estean en castelán, é que son ruíns, pero ruíns de verdade en canto á calidade...
ResponderExcluire se chove...que chova!!!
ResponderExcluir