12 de jan. de 2014
Auguiña de sete fontes (19)
O máis vello atleta de Bélxica, eutanasiado champaña en man.
A tristísima desaparición do De Luns a Venres impreso. Nunca esqueceremos que, nos tempos en que foi un xornal, chegou a ser o segundo diario galego con maior tiraxe.
RT sinala doce noticias de 2013 que os grandes medios omitiron.
Os dez artigos máis lidos do blogue do Comité de Empresa da TVG encargado de denunciar a manipulación informativa.
Unha nova radio en catalán desde Mallorca: OnaMediterrània. Parabéns e forza!
"Desexaría que todo o que amo perecese desta suave doenza". A tráxica historia de amor de Edgar Allan Poe e o relevo nos seus textos. Coido, porén, que falta por contextualizar nesta interesante reportaxe o clave que foi a morte de súa nai e canto ten, en realidade, de repetición, de segundo tempo, toda esta traxedia.
Descoordinación no lume do santuario da Barca.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário