Esta segunda feira os compañeiros Marcos Maceira e eu, en representación da Permanente da Mesa, reunímonos coa deputada Ana Pontón. Ela pediunos esta xuntanza para nos explicar o que fixeron desde o grupo parlamentar do BNG para tentaren evitar que haxa unha materia da UNED que reste puntos a quen utilice a toponimia galega de forma correcta e oficial. Se pensades que lestes mal, teño que avisarvos que non: hai unha materia da UNED en que se di que hai que usar Arteijo, Carballino, Poyo... Se pos outra cousa nos exames estás a responder incorrectamente e xa se deu o caso de a quen lle restaron puntos por escolleren o topónimo Ourense como forma a utilizar. Trinta e un anos despois de se aprobar a Lei de normalización lingüística!
Aproveitamos a comparecencia aos medios para denunciar tamén que o galego é a única lingua do Estado en que non se pode estudar unha carreira a distancia.
Para cando a igualdade de dereitos?
26 de fev. de 2014
21 de fev. de 2014
19 de fev. de 2014
15 de fev. de 2014
Tous les mêmes
O meu amado Stromae foi esta noite pasada o gran triunfador dos premios Victoires de la Musique. Aproveito tal fortuna para pór o clip oficial dunha súa canción que adoro.
Certo que xa pendurara a primeira versión do tema neste blogue hai algúns meses, mais outra razón para que me repita é que onte había moita xente festexando erroneamente o amor. Digo erroneamente non porque sexa un crítico do amor (non o son), senón porque o día do amor é a Candeloria. Bon, e tamén nalgún grao o resto dos do calendario ;)
Estoutro non é o clip oficial mais, como gusto moito del, tamén o deixo por acó:
Certo que xa pendurara a primeira versión do tema neste blogue hai algúns meses, mais outra razón para que me repita é que onte había moita xente festexando erroneamente o amor. Digo erroneamente non porque sexa un crítico do amor (non o son), senón porque o día do amor é a Candeloria. Bon, e tamén nalgún grao o resto dos do calendario ;)
Estoutro non é o clip oficial mais, como gusto moito del, tamén o deixo por acó:
13 de fev. de 2014
Auguiña de sete fontes (23)
- Os dous ídolos sexuais da xuventude mundial, cunha semellanza abraiante.
- Apoiemos Oink! Para unha revista en galego para a nosa rapazada!
- "França avança, Espanya recula", Yvonne Griley.
- "Do que Álvaro Cunqueiro nos contou do seu vello amigo Ricardo Carvalho Calero", Manuel López Foxo. (O Cunqueiro, igual que fai o Tarantino, tamén escribía á máquina só cun dedo: "Cando chegamos atopámolo tecleando na máquina só cun dedo da man dereita, mentres que coa man esquerda sostiña unha lupa para ver o que escribía.")
- "Las borrascas interiores y el anticiclón del deseo", Manuel Fernández Blanco.
- "A Unión Europea e a crise", Francisco Rodríguez.
- Aproveitan todo para privatizar.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
Etiquetas:
Álvaro Cunqueiro,
Francisco Rodríguez,
Justin Bieber,
lingua,
Manuel Fernández Blanco,
Manuel López Foxo,
Miley Cyrus,
Nacho Mirás,
Oink,
psicanálise,
Ricardo Carvalho Calero,
Tarantino,
Yvonne Griley
5 de fev. de 2014
Precisamos máis recursos en galego para as persoas con discapacidades visual ou auditiva
Non se pode facer algo para que as persoas cegas teñan máis que a reducida cifra de 50 audiolibros en galego ao seu dispor?
A TVG non debería incluír a opción de audiodescrición para as persoas con discapacidade visual e xeneralizar as lexendas para as persoas con discapacidade auditiva?
Estes foron só dous dos puntos máis relevantes que abordamos onte o Delegado da ONCE en Galiza, Manuel Martínez Pan, e mais eu, como presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. Falaremos agora desde ambas as partes coas institucións e medios implicados para ver que pasos se poden concretar nos próximos meses.
Non esquezamos estes membros da nosa comunidade lingüística!
2 de fev. de 2014
Assinar:
Postagens (Atom)