1 de abr. de 2014

Onde non debemos ir

Hoxe é unha das nosas xornadas tradicionais no calendario para facermos brincadeiras, xunto coas fedelladas que se poden cometer no Entroido ou na noite de San Xoán. Iso do 28 de decembro parece que en Galiza é moi recente e impelido sobre todo polo proceso xeral de desgaleguización.

Lembrade pois que neste día si temos licenza para trasnadas pequenas ou medianas: "O un de abril van os burros onde non deben ir".

O problema é que hai quen pensa que o un de abril é todo o ano.

Um comentário:

  1. Na mina zona, A Limia, a data para facer fedelladas era o primeiro de abril, coma no resto de Europa e otras zonas da Galiza. O primeiro de abril van os burros onde non han d'ir.

    ResponderExcluir