
Éncheme de carraxe esta mordaza aplicada discrecionalmente desde o poder ás ideas que máis incomodan ao propio poder. Unha e outra vez relense as regras do xogo para que fique claro que todo iso de que se pode escoller libremente non é máis que un slogan para as grandes superficies.
Tentarei axudar intensamente neste tramo final da campaña, para que a xente poida coñecer e valorar unha formación que os medios públicos autonómicos silenciarán, mais que existe e que ten a defensa da nación galega como razón de ser. A liberdade de expresión, o pluralismo político e os dereitos de Galiza son causas polas que paga a pena mollarse. Non ollemos para outro lado mentres estas cousas acontecen.
Quero que saibas, pola presente, que tes sido bem invitado a miña casa, com cama á vista de toda a xente:
ResponderExcluirhttp://beminvitados.blogspot.com.es/2014/05/cartas-marcadas.html
Se atopas a porta fechada, non te asustes, fun Bloqueado por Google, por Orde Superior ou por desorde xeneralizada, que eu non sei bem distinguir esas cousas.
http://beminvitados.blogspot.com.es/2014/05/cartas-marcadas.html
Mas ti non temas nen te enrugues e pasa.
E só que, coma deixou dito G. Celaya, "a poesía é um arma cargada de futuro", e a min, ao meu blogue, ela chega descargada "das tormentas"
Um saúdo e obrigado polo teus esforzos no que nos é común, irmao.