En poucas horas (a próxima vez que dean as tres da madrugada) dígolle adeus aos 35 anos para lle dar a benvinda aos 36. E xa que estou cunha desas pequenas despedidas que temos na vida, que mellor que apelar a unha grandiosa despedida literaria, o coñecidísimo primeiro poema que Rosalía de Castro publicou en galego.
Velaquí van algunhas versións curiosas do texto: musicada en árabe por Dana Yasin, ao xeito mariachi por Patricia Vázquez en Air Galicia (encántame! seguro ao 100% que a uso nas aulas este curso!), cantada por Joan Báez coa música de Amancio Prada, un recitado en galego e árabe con poboación desa orixe que mora en Santiago de Compostela, outro recitado en galego e inglés feito por crianciñas da escola St. Mary's de Mullaghbawn (Irlanda), as coñecidas musicalizacións de Astarot por un lado e de Pucho Boedo cos Tamara polo outro e, xa para finalizar, o reverso do texto que se fixera para a publicidade dun banco.
Cal é a túa favorita?
Nenhum comentário:
Postar um comentário