- Morre Francisco Carballo, unha figura central na cultura galega.
- "Si no eres del PP, jódete, jódete" (2), no blogue de denuncia da manipulación informativa da TVG.
- A Mesa anima a apoiar a iniciativa Herdo Novo.
- "A Nación Galega en Pé". Exposición sobre o 50 aniversario da fundación da UPG.
- "Nacionalismo galego e 'nova política' españolista", Francisco Rodríguez.
- "A democracia televisiva", Xosé Mexuto.
- "Son un dos postos de traballo creados en setembro, a 58 euros ao mes", Carlota E. Ramírez.
30 de nov. de 2014
Ligazóns ao desvío para un trinta de novembro
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
Etiquetas:
CRTVG,
Francisco Carballo,
Francisco Rodríguez,
galego nos medios,
lingua,
manipulación informativa,
Marcos Maceira,
nacionalismo,
O Galo,
Pablo Iglesias Turrión,
traballo,
UPG,
Xosé Mexuto
24 de nov. de 2014
Música para a segunda feira: Apenino
Fascíname o tema "Conversa ultramarina" de Apenino, baseado na obra homónima de Lois Pereiro.
23 de nov. de 2014
Ligazóns ao desvío para un vinte e tres de novembro
- Fagámonos participacionistas de Irmandade TV.
- "A esmorga, un salto de xigante", Francisco Rodríguez.
- "O idioma da casta", Miguel Anxo Abraira.
- "O Consello de Galiza, 70 anos despois", Uxío Breogán Diéguez Cequiel.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
Etiquetas:
cinema,
Daniel Castelao,
Eduardo Blanco Amor,
Francisco Rodríguez,
galego no cinema,
galego no ensino,
galego nos medios,
galegofobia,
Ignacio Vilar,
lingua,
Miguel Anxo Abraira,
Uxío Breogán Diéguez
22 de nov. de 2014
Nanowrimo 2015
Non finalizou o mes, porén si finalizou xa a miña experiencia Nanowrimo. A tentativa serviume para lle dar para adiante... a outros proxectos. Así que non son pesimista. Non fixen o Nanowrimo en 2014, vouno marcando na axenda para 2015 :)
17 de nov. de 2014
Música para a segunda feira: Guadi Galego
Na miña casa converteuse nunha especie de banda sonora dos últimos días. Tanto é así que paseando por Santiago vin unha das que aparece no vídeo e case lle pido un autógrafo :)
Supoño que xa o ouviríades quen pasades por aquí, pois só en Youtube xa vai a máis de 5.000 visitas por día:
Supoño que xa o ouviríades quen pasades por aquí, pois só en Youtube xa vai a máis de 5.000 visitas por día:
16 de nov. de 2014
Ligazóns ao desvío para un dezaseis de novembro
- Carta de despedida de Begoña Caamaño a Uxía Senlle.
- "Enquisa do CIS: sobe o españolismo, baixa Galiza", por Cousas de Imeneo.
- Entrevista a Francisco Jorquera no mercado de abastos de Santiago.
- Despois de moitos discursos contraditorios, Podemos xa se posiciona claramente "contra a ruptura de España".
9 de nov. de 2014
"É nove de novembro". Artigo para Sermos Galiza
Aínda
que os medios españois se empeñen en caricaturizalo como "el
desafío de Artur Mas", o amplísimo movemento social que fixo
posíbel a consulta independentista está encabezado por dúas
mulleres: Muriel Casals, a presidenta de Òmnium Cultural, e Carme
Forcadell, a presidenta da Assemblea Nacional Català. Elas
amósannos, de novo, que se conxuga en feminino a parte da humanidade
que marca o paso da ousadía, que se atreve a viaxar cara a
horizontes que os cálculos a curto prazo nunca deixarían enxergar.
Iso é así malia os focos se deteren sobre todo no protagonismo
político daquela parte da humanidade que ten máis pelos na cara.
Mais
vou pararme noutras cuestións. Supoño que as persoas que
estades a ler estes parágrafos xa vistes o spot en que diferentes
personalidade públicas catalás chaman ao voto para hoxe. Refírome,
si, a ese en que alzan a fotografía dunha persoa falecida e exclaman
"Votaré per tu", até que xa no final unha nai afirma que
participará pola crianciña que ten nos brazos. É un país en
andamento, con memoria e con futuro.
Nese
vídeo, Carme Forcadell di que votará por Martí Gasull. El foi
un dos promotores, nos comezos da década de 90, da Plataforma per la
Llengua, asociación irmá da nosa Mesa. Martí imprimiulle a esa
nova entidade un pulo xenuinamente creativo, inconformista e dinámico
que incidiu moito no progreso social da lingua catalá nos últimos
tempos. Porén tamén debemos saber da súa fonda solidariedade, o
seu apoio e a súa disposición xenerosa a axudar á causa galega
naquilo que estivo na súa man. Comprendede por iso que me emocionase
un pouco ao ver a súa fotografía.
Cando
Martí Gasull morreu nun accidente de alpinismo aos 43 anos, en
setembro de 2012, apareceron unha chea de comentarios nas redes
sociais e nalgúns blogues felicitándose polo falecemento e
insultándoo. A maioría -mesmo talvez a totalidade- dos que así
atouzaban non o coñecían nin de referencias, só acababan de saber
que un defensor do catalán morrera e iso era motivo suficiente para
lanzaren os seus hurras infames e noxentos.
Non
vou reproducir ningunha desas covardías, mais son exemplos desa
intolerancia gravísima, consentida polo poder sen ningún tipo de
consecuencia, que explica por que cada vez máis catalás e cataláns
se decataron de que conquistar o respecto colectivo que merecen pasa
por conquistar a soberanía que, como nación, de seu lles
corresponde. Porque, non o esquezamos, os primeiros independentistas
son os que se empeñan en negar a realidade plurilingüe,
pluricultural e plurinacional dos territorios que, de forma tan
xerarquizada, conforman o Estado español.
5 de nov. de 2014
Mañá, acto en Viveiro sobre Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez
O Colectivo Pensamento e Sementeira convidoume a falar mañá na Sala da Biblioteca Municipal en Viveiro sobre os trucos que se conteñen no libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez. Velaquí tamén a ligazón ao evento no Facebook.
Anímovos desde xa a que tomedes nota tamén dos actos próximos que se desenvolverán dentro dese ciclo con Sés, Lois Diéguez e Felipe Senén.
Continuamos!
Anímovos desde xa a que tomedes nota tamén dos actos próximos que se desenvolverán dentro dese ciclo con Sés, Lois Diéguez e Felipe Senén.
Continuamos!
3 de nov. de 2014
Atravesar o fantasma, esta semana na Radio Galega
Esta semana o Diario Cultural da Radio Galega emitirá cada día un poema do libro Atravesar o fantasma, que me pediron que escollese e recitase eu mesmo. Espero que gustedes da selección, do recitado e, claro, deste libro que é tan especial para min.
2 de nov. de 2014
Ligazóns ao desvío para un dous de novembro
"Correspondencia entre Ken Keirades e Ben-Cho-Shey", por Clara Iglesias Cortizo.
"Medios en galego para dar a batalla", Aurélio Lopes.
"A imposición do galego e a mentira como arma", Henrique del Bosque Zapata.
"Operación Zeta: así conseguiu o PP a alcaldía da Coruña", Manuel Monge.
"Medios en galego para dar a batalla", Aurélio Lopes.
"A imposición do galego e a mentira como arma", Henrique del Bosque Zapata.
"Operación Zeta: así conseguiu o PP a alcaldía da Coruña", Manuel Monge.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
Etiquetas:
Aurélio Lopes,
Ben Cho Shey,
Carlos Negreira,
Clara Iglesias Cortizo,
corrupción,
Diego Calvo,
galego nos medios,
Gerardo Crespo,
Henrique del Bosque,
Ken Keirades,
lingua,
Manuel Monge,
Romay Beccaría
1 de nov. de 2014
Nanowrimo
Xa ouvira falar hai uns anos do proxecto Nanowrimo, que é o acróstico de National Novel Writing Month, ou sexa, o Mes Nacional de Escribir Romances (permitídeme que diferencie romance de novela, como sería propio do noso ámbito lingüístico, a diferenza do que fai o español, que os da RAG nos propoñen mimetizar acho que sen moito sentidiño).
Desde 1999 realízase un certame, primeiro a nivel anglosaxón e despois xa en moitas linguas e culturas, que consiste en autoimporse o reto de escribir un romance dun mínimo de 50.000 palabras ao longo de todo o mes de novembro. Non hai máis premio nin recoñecemento que saber que terminaches, aínda que for só para gardar dito romance nun caixón ou para tratar iso que conseguiches como un rascuño do cal se puider sacar algo mellor traballándoo máis en profundidade nos meses seguintes.
Este ano voume autoimpor a participación e tentarei xuntar cada día do mes eses 1.667 vocábulos que fan falta para conseguir o obxectivo. Contarei por aquí se dou logrado rabuñar o tempo e como vai saíndo a cousa :)
Assinar:
Postagens (Atom)