A TVG salienta que uns criminais que actúan en Galiza falan en galego.
Isto é galegofobia, moito máis intolerábel nun medio público que existe para defender o noso idioma e para dar unha imaxe veraz do país. Súmase, iso si, a unha longa listaxe de oprobios no mesmo camiño por parte de diferentes medios de comunicación que presumen de galegos (botádelle aquí un ollo e arrepiádevos un pouco).
Podedes ver a nova, do informativo Galicia Noticias do 5 de decembro, no minuto 13 da seguinte ligazón.
Souben disto grazas á información proporcionada pola xornalista Iria Méndez.
Cando veremos un titular que diga: os encapuchados falaban español?
ResponderExcluirGalegofóbia é a do fulano que foi roubar. Iso si que é odiar os galegos .
ResponderExcluirOla, Carlos!
ResponderExcluirActualmente estou dirixindo o programa no que se emitiu a noticia á que fas referencia neste artigo e, tras falar co redactor que fixo a peza, gustaríame facer unhas aclaracións.
Nós empregamos este tipo de rótulos para subliñar un aspecto puntual da noticia. E, efectivamente, que os ladróns falasen en galego non é o aspecto máis relevante da información, pero entendemos que si é un elemento que serve para identificar os presuntos delincuentes. De feito, se te fixas en toda a noticia -e non só no rótulo- verás que o pai da vítima comenta que teñen sospeitas de que os ladróns eran veciños ou coñecidos. De aí que nos fixésemos eco dese pormenor que nos facilitaron as propias vítimas do asalto.
Eis a noticia completa: http://www.crtvg.es/informativos/rouban-nunha-casa-de-poio-e-ameazan-a-filla-do-dono-947197
En todo caso, tomamos nota da túa observación e terémola en conta para próximas ocasións. O que si nos gustaría deixar claro é que nós non pretendemos en ningún momento identificar o galego coa comisión de delitos. Nin tampouco temos ningunha animadversión cara ao noso idioma. Ben ao contrario. Somos conscientes de que o galego é a principal razón da existencia da nosa empresa.
Un saúdo!
Carlos F. Amado
Non falastes do idioma que se falaba no barrio, nin dicides que outros delincuentes falan español cando é o caso... Que idioma se fala na TVG fóra de cámara?
ExcluirFalar galego na Galiza é un elemento que serve para identificar aos ladróns????
ResponderExcluir