Versos para a sexta feira: Gonzalo Navaza
Lobo e pedra
Abre paso
entre os corpos
dos
danzantes
a sombra sixilosa
do lobo multiforme.
Arrepío
no espiñazo das árbores
ventando a morte.
Igual ca un desafío,
contra o lobo levanto
a voz onde porfío
o meu son a soar.
Por máis que todo canto canto canto
se esfarele no ar.
(Gonzalo Navaza)
Que boa poesīa se sigue a facer en Galicia. Mågoa que nós deixamos de ler poesía!!!
ResponderExcluirPois xa sabes: a retomar a lectura da poesía! ;)
ResponderExcluir