Non sei moi ben a razón da feliz casualidade, mais pedíronme que interveña tres veces nas próximas semanas para falar da obra literaria de Fermín Bouza Brey: hoxe mesmo en Vilagarcía de Arousa e xa en novembro en dúas ocasións -que axiña concretarei- na cidade de Ferrol.
Tendo en conta que unha das persoas que lle fixo máis dano a Bouza foi o franquista Filgueira Valverde, tan traído e levado neste 2015, eu vou aínda máis feliz para abrir a boca sobre o tema.
O acto desta mañá é froito do convite que me realizaron desde o
instituto que leva o nome do grande escritor e prodúcese dentro dunhas
amplas xornadas que coordina a hiperdinámica Patricia Arias Chachero.
Algúns datos desta actividade podédelos ver nesta entrada do blogue do centro e nos seguintes documentos:
Nenhum comentário:
Postar um comentário