29 de fev. de 2016

BNG 2017

Velaquí o primeiro comentario, dos que irei pendurando ás segundas feiras. Mellorará tecnicamente devagariño ;)



Vaise poder consultar puntualmente en Sermos Galiza e na canle Youtube.com/CarlosCallon, á cal vos animo a que vos subscribades, pois tamén lle irei subindo algún outro contido diferente.

27 de fev. de 2016

Ás segundas no Sermos dixital

A próxima segunda feira, 29 de febreiro, iniciarei un novo proxecto, de vídeo-opinións, que pendurarei semanalmente na miña canle en Youtube (youtube.com/carloscallon) e tamén no xornal dixital Sermos Galiza. Desenvolvo un pouquiño o tema nesta entrevista que me fixo María Obelleiro.

Ás segundas, vémonos no Sermos!




25 de fev. de 2016

E a profesión de Rosalía era...

A profesión de Rosalía era... gobernar a súa propia casa. Ou polo menos así o dicía a súa cédula persoal (o DNI do XIX, vaia), no ano antes da súa morte.

Rosalía de Castro xa publicara neses momentos case toda a prolífica obra que lle coñecemos, mais cargaba co pecado orixinal de nacer muller.

A foto, malísima, é miña. Podedes ver o documento, sen flash que incordie, na Casa de Rosalía na Matanza.

16 de fev. de 2016

"Cataluña 13 - Galiza 0" ou a importancia da intensidade

Lin o programa "Un país para la gente". Boto en falta coherencia e pudor.

Din que amparan a diversidade nacional e falan de "un país".

Din que recoñecen a diversidade lingüística e só presentan o programa en castelán e medidas máis concretas para a promoción do español no exterior que para a oficialidade do galego no interior.

Cataluña aparece 13 veces; Galiza, cero. Como a burla foi demasiado evidente, hai unhas horas anunciaron un apéndice...

Din tamén que os dereitos das nacións son para Cataluña e aquelas (sen nome) que os reivindiquen "con especial intensidad". Niso talvez vaian ben encamiñados. Deámoslle, pois, intensidade. Se non, acontecen estas cousas.

15 de fev. de 2016

Con Valentín Paz-Andrade na cidade de Valentín Paz-Andrade

Que función lle daba Valentín Paz-Andrade a Vigo para o futuro de Galiza, a cidade en que viviu e morreu, aínda que non nacese alí?

Era el ou non era reintegracionista?

Que ten de singular a súa obra lírica, cando o certo é que se trata dun poeta pouco recoñecido?

Que pensaba sobre a autoorganización política galega?

Que parte da imaxe que temos de Castelao lla debemos?

Estas son algunhas das preguntiñas a que tentaremos dar resposta esta cuarta feira 17 de febreiro na libraría Cartabón de Vigo. Vémonos alí! ;)

7 de fev. de 2016

Ligazóns ao desvío para un sete de febreiro