26 de mai. de 2016

Poesía sobre lingua (9): "Por mal que o faga"


O que escriba en gallego,
por mal que o faga,
pon algún grau de area
na moreada.
Porque di un dito:
axuntando pingotas
fórmase un cirio.

(Benito Losada, Soaces dun vello, 1886)

19 de mai. de 2016

Poesía sobre lingua (8): "O noso idioma é a luz"



O noso idioma é a luz
que ilumina o noso ser.
Renunciar á nosa lingua
é semellante a morrer!

(Manuel María, Escolma de poetas de Outeiro de Rei)

17 de mai. de 2016

Tres anotacións para o Día das Letras

O comentario desta semana en Sermos Galiza saíu máis longo do normal, mais hai razóns para que así sexa.

1ª anotación: Sobre dúas antoloxías de Manuel María e a lingua galega (A esencia máis nosa e O idioma é a vida).

2ª anotación: Unha anécdota que é máis que unha anécdota sobre o galego na xustiza.

3ª anotación: Cal foi o traballo en defensa do galego das e dos 23 representantes de Galiza no Congreso en Madrid durante esta última e breve lexislatura?



Vémonos na mani de Queremos Galego!

15 de mai. de 2016

Ligazóns ao desvío para un quince de maio

  • "Atónito", Francisco Rodríguez. "Nin nos seis meses que houbo de lexislatura interviñeron os seis deputados e deputadas de En Marea o que, en dúas semanas, dous deputados-as do BNG de calquera das lexislaturas, entre 1996 e 2015." 
  • "Delincuentes con uniforme policial", Íñigo Sáenz de Ugarte. 
  • Espazo web da exposición "Galicia Cen". Desde esta ligazón pódese descargar en pdf o catálogo da exposición.
  • Un rapaz de once anos pasa horas illado nunha aula en Becerreá porque deixou en branco o exame da reválida, tal e como lle indicaran os pais. O castigo foi unha orde da inspección... Máis información nesta nova do La Voz de Galicia.
  • "A mãe da nossa língua está escondida no sótão?", Marco Neves.

12 de mai. de 2016

Poesía sobre lingua (7): "Soneto a Xosefa Baamonde García"

Após a morte do ditador Francisco Franco, a lingua galega tardou máis tempo en ser recoñecida como legal que o PCE, a masonaría ou outros elementos que se consideran simbólicos da Transición. Non só iso. Mesmo cando xa se dicía que era oficial tamén había ataques serios contra a posibilidade do seu uso no ensino, na Administración ou nos medios. Nada que nos poida sorprender, pois aínda hoxe a declaración solemne da súa oficialidade está lonxe de se verificar na práctica.

Un dos exemplos paradigmáticos de como se produciu a acollida do idioma galego no réxime do 78 foi a cantidade de docentes que comezaron a recibir sancións polo feito de daren as aulas nesta lingua. Foi unha "represión democrática" que aínda está moi pouco estudada.

Manuel María escribiu un soneto en 1981 a unha destas mestras, a profesora no colexio de Dices, en Rois, Xosefa Baamonde García. En xaneiro dese ano suspendérona provisoriamente de emprego e parcialmente de soldo, co perigo de poder perder de xeito definitivo o seu traballo. O feito de que continuase a falar en galego a pesar do aviso da Inspección foi considerado como "inflexibilidad". Porén, o seu exemplo firme e as intensas mobilizacións sociais por parte do nacionalismo galego (coa incomprensión e ás veces aberta hostilidade dos partidos estatais, tamén dos considerados "de esquerdas") impediron que a represalia continuase.

Velaquí o poema, un testemuño moi valioso de onde vimos, de por que estamos como estamos e das forzas que debemos coller para darmos mudado o futuro:

Soneto a Xosefa Baamonde García

Pepa Baamonde, mestra valerosa,
semente escolmada, espello fiel,
recolleita de luz, fondo ronsel,
labarada incontíbel e poderosa.

Bandeira estremecida, fala nosa
feita de terra, orballo, lume e mel,
música, sudes, pobreza e caravel,
recendente e perfecta como a rosa.

Ti defende sempre a nosa herencia:
este idioma negado e perseguido
por séculos de odio e impotencia.

Pese ao medo, á agresión, á violencia:
ningún colonizador, ningún vendido
nos borrarán a lingua e a conciencia!

5 de mai. de 2016

Poesía sobre lingua (6): "Porque a língua castelhana já em Portugal não reina"

Ben, en realidade isto non é exactamente poesía, senón teatro versificado. Mais vén moi ben para esta seccionciña que penduro ás quintas feiras.

O texto é o comezo da peza Contra si faz quem mal cuida, de Leonardo Saraiva Coutinho, que foi representada en Coimbra en 1644, moi pouquiño despois da Restauração da independencia portuguesa. A obra pódese consultar completa nesta ligazón.

Reparade no mapa que puxen como ilustración, que ten varias reproducións até aproximadamente 1600. Nel vense tanto "Mellid", "Mino" e "Bivero" para Galiza como "Lisbona" e "Avero" para Portugal. Son dous procesos comúns de deturpación da toponimia, coa diferenza de que un ficou interrompido axiña.

Nos versos que van a continuación é do máximo interese observarmos como, despois de seis décadas de dominación castelá, se fai necesario xustificar e defender a valía do portugués para todo tipo de obras. Aínda estaba afincado o hábito que facía que determinados rexistros ou determinadas personaxes debesen utilizar o castelán e non o portugués. Cumpría rebatelo, restaurar tamén a lingua propia. E fíxose.

Non é un magnífico exemplo das causas políticas que hai na proscrición do idioma natural dun país, de como collen forza os prexuízos lingüísticos, e de como a situación muda se existir verdadeira soberanía?

Sai o Castelhano.

Castelhano:

No salgo a pedir silencio
pera empezar la comedia,
mas antes vengo a reírme
de los que la representan
porque me han dicho que aquí
recitan por cosa nueva
una comedia famosa
en la lengua portuguesa.
Quién vio mayor disparate?
Pues de imperfecciones llena
silbada en vez de aplaudida
no puede ser que no sea.
Que esto de comedias sólo
(por ser la lengua más bella)
se debe a la castellana
como a reina de las lenguas.
Cosa de risa parece
que haya en portugués comedia!
Daquí me pongo a escucharla
pera burlarme de verla.

Sai o Português.
Por esta vez lhe suplico,
senhor Castelhano, queira
franquear-nos livre o teatro
por que comece a comédia
Contra si faz quem mal cuida,
comédia, al fim, portuguesa,
porque a língua castelhana
já em Portugal não reina,
quando a nossa, por suave,
por elegante e suprema,
a todas leva aventage
e sobre todas campea.

Castelhano:
Sí, mas no me habéis negar
que pera esto, es cosa cierta,
nacieron los castellanos,
que a todos la palma llevan.

Português
Será porque em Portugal
pera entrarem nas comédias
não se acha tanto vadio
como quantos tem Castela,
e não por falta de engenho,
nem da língua portuguesa,
pois não tem a castelhana
nenhum partido com ela.
Vejam-se livros antigos,
abram-se histórias modernas,
donde autores portugueses
(nessas antigas comédias)
logo que talvez queriam
que se introduzisse nelas
diabo, mouro, gentio,
bobo, fantasma, quimera
e outros redículos mais
desta semelhança mesma,
quasi sempre em castelhano
falavam desta maneira,
sendo o mais resto da obra
todo em língua portuguesa,
como se o mouro, diabo
bobo, fantasma, quimera,
só falassem castelhano,
por virem lá de Castela.

Castelhano
Por más, señor Portugués,
que acreditéis vuestra lengua,
pera esto que llaman cómico
la castellana es la reina.
Ha más bizarría que
ver salir echando piernas
un castellano, el cual entra
aderazando los guantes,
componiendo la melena,
consertandose el sombrero,
la capa de un lado suelta,
y luego puesto en tablado
en nuestra lengua materna
está dando con su gracia
alma a cuanto representan?

Português
Falar doçuras, amores,
dizer requebros, ternezas
recitar branduras, chistes,
descrever guerras, tormentas,
se tudo isto quereis ver
com propriedade e eloquência,
satisfeito ficareis
ouvindo agora a comédia,
ũa verdadeira história
das antigas portuguesas.
E quando não vos contente,
quiçá que somente seja
não por defeito da língua
mas por falta do poeta,
que disso pede perdão,
por ser esta a vez primeira
que solecita obrigar-vos
pera que aplausos mereça.

Vão-se.


4 de mai. de 2016

De "idiomas muy respetables españoles" que non serven

Sobre este tipo de linguas falo no meu último comentario para Sermos Galiza, ao fío destas declaracións de Mariano Rajoy: "Cuando escuchamos que se suprimen las clases de inglés para poner idiomas muy respetables españoles creo que estamos cometiendo un error de grandes proporciones".