10 de jun. de 2016

Pois si, nada é máis útil que podermos decidir


Um comentário:

  1. “UTOPÍAS”
    Nin o patolóxico Freud, nin o poético Brecht, nin o “iluminado” Nietzsche, nin o misóxino Schopenhauer, …, ¡nin ningún outro home máis Carlos. Abonda xa de “tóxica e testosterónica literatura” masculina secular. Hai moitas estacións xa que reivindiquei: “COSTELA PROPIA” nun poema. E, nin provoco por provocar, nin transgredo por transgredir; tento ser consecuente co meu xeito de ser. Sempre fiquei soa no meu pensar e no meu sentir, logo, ¿¡non vou poder seguir “estando”, fidel a min mesma. ¡Abofé que sí ( Sei estar “soa” ¿O prezo ou as consecuencias: rexeitamento e incomprensión ) E … ¡tanto ten xa.

    Habería que “limpar” ben –como quen limpa un peche ou valado das silvas e hedras que o invaden ( emporcan ) moitas das definicións recollidas nos diccionarios, e, DESBOTAR a meirande parte delas; queimalas nas “luminarias” dos San Xoáns.

    O meu idioma é o GALEGO, mais, tamén, ¡todos os “acalados”; con todo, o idioma que máis amos é o: “MULLER” E, a verba da que máis gósto: UTOPÍA. ¡¿Por qué non.

    Non quero a “legalización” da prostitución; lacra secular ( ¿enquistada xa nos xens ) E, anceio unha estación de folla perenne onde os xéneros masculino e fiminino desaparezan; señan: ANACRONISMOS.
    “Que … ¿compre sachar a terra. Nin siquera colleitariamos pedras coas que erguer “bloques” de fortecida autoestima ou xeitosas casiñas “vivas” de sangue. En Ferrol, somentes se recolle: plástico. E, que eu saiba, o plástico carece de toda memoria; nin sinte, nin padece.
    Hai xa moitas estacións que escribín: “Eu quero a conciencia por min mesma; non por parentesco afectivo” Ben, dende os moitos soles e lúas “estacionais”, acadei por fin a “CONCIENCIA”:
    Quero ao meu país, desparasitado; descolonizado; … RESPEITADO.
    Anceio unha intravenosa de AUTOESTIMA nas xustas e legais reivindicacións; que a xente reclame, esixa, berre e cante con forza; peso específico no CREDO; non cun fío de voz; con medo e sen a convicción da CONCIENCIA.
    Atopo e escoito en Carlos Callón, todo o que compre para conquerir tales dereitos secularmente asoballados: latexo forte e creíbel na voz; o CREDO avalado por ise peso específico, na súa palabra. E eu, Carlos, sempre tiven fame –FAMBRUNA, escribía eu xogando ( “ludicando” ) coas palabras e xa dende ben noviña )- de AUTENTICIDADE. Afogaba en tanta falacia mentira hipocresía falsidade.
    Eu escrebo, como me peta –non por provocar-, é dicir, boto man de todo aquelo que me tira a escrita, mais, tentando limpar a silveira dos castrapos ( poesía e prosa poética, nomeadamente ) mesmo sabendo que hai que “normalizar” o noso idioma, sen desbotar nin rexeitar das nosas tan ricas variantes dialectais ( fonéticas, morfolóxicas, léxicas, sintácticas, semánticas, … -para min aínda hai máis- ) que conforman o noso idioma.
    Mais … ¿por qué voto; porque son muller:
    Primeiramente –ou “conscentemente”-, porque máis que unha obriga, constitue un “dereito” que até non hai moito, nos foi negado, como tantos outros ( conquistas sociais –en perigo agora- ) acadadas con moito sofrimento; con mortes, torturas e asasinatos, para acalar a nosa voz no burka da invisibilidade; xustillos constrictor e …: CULPABILIDADE enquistada; a lacra da malignidade; a opresión da forza bruta; ¡o exercizo do poder; intereses sempre.

    ( O texto vai sen peneirar. E coido que …: ¡¡mellor así )




    ResponderExcluir