A primeira que poño escoiteina no Carnaval da Habana. A xente en xeral non bailaba moito mentres pasaba o desfile, mais cando tocou a vez desta canción... Ai, cando pasou esta canción, a festa disparouse!
Reparade no final, pois o de "China te la pongo en La Habana, La Habana te la pongo en China" tamén ten o seu interese histórico, pois ese país asiático é o principal fornecedor de Cuba nestes momentos para algúns sectores estratéxicos:
Case todo era música en castelán, mais na discoteca coñecida como "La Cueva", en Trinidad, tamén bailamos, con moitos yumas, esta marabilla de Sia:
Porén, a canción que máis se escoitaba en toda a parte, desde a xente nova que levaba altofalantes pola rúa até os taxis, pasando polos meniños que canturrean os temas de moda, era esta:
Outras que tamén se sentían de cando en cando:
Aínda non saíra este vídeo de Gente de Zona, cantando a Macarena con Los del Río, mais póñoo para que reparedes en que a partir do minuto 2, segundo 45, o lindo palacio que se ve detrás deles é o histórico Centro Galego. O clip é de hai dous días, mais a versión da canción si que soaba moitísimo.
Por último, dúas cancións que escoitamos nun espectáculo de drags. Ademais de La Lupe e Celia Cruz, outra diva en castelán pola que se ve que teñen especial querenza é Rocío Dúrcal.
Por último, puidemos asistir ao concerto que deu Haydée Milanés na Fábrica del Arte Cubano. Unha experiencia moi especial, aínda que, pola grande fileira de xente, non puidésemos velo completo:
Nenhum comentário:
Postar um comentário