26 de out. de 2016

Música para a cuarta feira: Dakidarría, "Terra"

É unha canción con que traballo todos os cursos na materia de Lingua Galega e Literatura e que sempre ten un grande éxito entre a rapazada, con razón:



21 de out. de 2016

Versos para a sexta feira: Joán Airas de Santiago




Era unha cantiga con máis estrofas ou era só esta que chegou até nós? O caso é que ten unha forza enorme:

Amei-vos sempre, amigo, e fiz-vos lealdade.
Se preguntar quiserdes en vosa puridade,
saberedes, amigo, que vos digo verdade;
ou, se falar houverdes con algún maldizente
e vos quiser, amigo, fazer de al entendente,
dizede-lhe que mente,
dizede-lhe que mente.

[A imaxe é un fotograma da versión de Ben Hur de 1925.]

19 de out. de 2016

Música para a cuarta feira: Morat

Como me encantan, a pesar dalgunhas cousas estrañas que din nalgunhas das súas letras :) E que mágoa que os descubrise un par de días despois de estaren por Galiza neste verán!

O primeiro dos temas debín de escoitalo algo así como mil veces e o segundo vai no camiño:





14 de out. de 2016

Versos para a sexta feira: Nuno Fernández Torneol

Moito se ten falado deste poema, sobre se era ou non era un exemplo de alba no trobadorismo galego, mais moito menos se debruzaron as e os críticos sobre as diferentes interpretacións do refrán, que nunha lectura previsíbel é "leda me ando eu", mais noutro senso tamén sería "leda mando eu". En calquera caso, é unha voz feminina que decide, que procura, que non se detén, que está advertida:

Levade, amigo, que dormides as manhanas frias.
Tódalas aves do mundo de amor diziam:
"Leda m'and'eu".

Levade, amigo, que dormíde-las frias manhanas.
Tódalas aves do mundo de amor cantavam:
"Leda m'and'eu".

Tódalas aves do mundo de amor cantavam,
do meu amor e do vosso i enmentavam:
"Leda m'and'eu".

Do meu amor e do vosso em mente haviam.
Vós lhe tolhestes os ramos em que siíam.:
"Leda m'and'eu".

Do meu amor e do vosso i enmentavam.
Vós lhi tolhestes os ramos em que pousavam.
"Leda m'and'eu".

Vós lhi tolhestes os ramos em que siíam
e lhi secastes as fontes em que bebiam.
"Leda m'and'eu".

Vós lhi tolhestes os ramos em que pousavam
e lhi secastes as fontes u se banhavam.
"Leda m'and'eu".

12 de out. de 2016

10 de out. de 2016

Galegocalantes e galegofalantes: reflexións e argumentos para a lingua


Estou no proceso de corrección de probas do libro Galegocalantes e galegofalantes, que sairá nun par de meses desde Xerais. O volume componse por un feixe de reflexións sobre a situación do noso idioma.

Igual que os meus outros títulos de tema sociolingüístico (En castellano no hay problema, Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, Como defenderes os teus dereitos lingüísticos) é unha obra de combate. De reflexión, con certeza. De argumentos, tamén. Mais, sobre todo, de activismo.

As fotos que aquí pendurei, de Xan G. Muras, corresponden á presentación en Santiago dunha das obras citadas: o manual práctico Como defenderes os teus dereitos lingüísticos. Foi no 24 de xullo de 2011. Aí estamos, de esquerda a dereita da primeira imaxe: Manuel Bragado, Carlos Outeiro, Dalila Dopazo, servidor e Anxo Louzao.

Fagamos valer os nosos dereitos! Galegofalantes, activémonos! Galegocalantes, unídevos!

9 de out. de 2016

Ligazóns ao desvío para un nove de outubro

7 de out. de 2016

Versos para a sexta feira: Fran Cortegoso traduce a Jean Genet

No seu corpo exhibe pesadas as cadeas do silencio.

Este desatado negro mariño do sal do teu mar.

A bailarina de xeo é o seu heroe do ar.

Falo, entre os dentes o ferro dourado das lanzas.