- "Cortegoso, unha voz que reparte tesouros", exacto e doloroso texto de Antón Lopo. Recordo o día en que se coñeceron o Fran e o Antón en Santiago, algo que na verdade foi hai moi poucos anos, mais que coas voltas da vida parece que pasou hai xa unha eternidade. Até sempre, meu caro Fran! :(
- "Todesfuge", unha lembranza de 2008.
- "O importante non é ser escravo dunha norma senón amar a lingua". Isaac Alonso Estraviz na edición de Ourense de La Voz de Galicia. É un dos nosos grandes intelectuais, a pesar da inxustísima marxinación que padece por ser reintegracionista.
- A serie Serramoura, distribuída na Rusia.
- Moi interesante entrevista a Andrés Torres Queiruga no La Voz de Galicia con motivo da homenaxe que se lle tributa en Aguiño. Oxalá as súas propostas se atendan.
9 de out. de 2016
Ligazóns ao desvío para un nove de outubro
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Etiquetas:
Alicia Fernández,
Andrés Torres Queiruga,
Fran Cortegoso,
Francisco Lorenzo,
galego na relixión,
Gonzalo Hermo,
Isaac Alonso Estraviz,
lingua,
Paul Celan,
reintegracionismo,
TVG,
vida,
Yara Frateschi Vieira
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Recoñezo estar moi impactado, e triste . Por iso, permitirasme Carlos, no teu blog , escribir un par de verbas dese gran amigo teu. Si. Estou triste, Carlos. Fran Cortegoso: A dozura, o saber estar, a prudencia, a beleza. Todo reflectíase nel. Fixo deste mundo e desta Galiza un lugar mais fermoso. Gustaríame telo coñecido mais.Mercar o seu libro paréceme a mellor homenaxe por terme adicado algúns minutos e horas da súa vida. Parecía un galán do Hollywood dourado.Ninguén levaba os abrigos coma Él. Os seus amigos, nos que non me atopaba, falaban sempre del e sempre BEN. Eu non formaba parte dos seus amigos,só saborei un par de temporadas os seus sorrisos e as súas palabras sempre amables. Descanse en paz. As miñas condolencias aos seus amigos, parella e a toda á xente de compostela que DESGRAZADAMENTE non volveremos atopalo entre as rúas compostelás para sempre, e dende xa, un pouco mais melancólicas.
ResponderExcluir