16 de dez. de 2016

Curso en liña: Doce episodios da represión do galego

 
Está aberto xa o prazo de matrícula no curso en liña "Doce episodios da represión do galego", que coordino para a CIG-Ensino e a AS-PG. Desenvolverase do 9 ao 30 de xaneiro.

Os criterios de admisión son: primeiro, as persoas afiliadas a algunha das entidades organizadoras; despois, por orde de inscrición.

Ademais de desenvolver algún episodio coñecido, centrarémonos en aspectos menos divulgados sobre como se laminou a presenza pública do noso idioma. Algún deles será con información inédita.

Se vos interesar, tedes que procurar o nome do curso e solicitar praza nesta ligazón.

Nenhum comentário:

Postar um comentário