Hai xusto 37 anos, no 14 de abril de 1980, o alumnado de secundaria
protestaba contra a represión "democrática" da lingua galega. Falar
galego na sala de aulas era igual a "dar malas respostas" ou motivo para
suspender unha materia.
Este período concreto da historia do
noso idioma, que é crucial para entendermos o que aconteceu nas décadas
seguintes, está moi pouco estudado.
Se coñecerdes persoas que participaron neses actos ou que padeceron sancións por usar o galego no ensino,
por favor enviádeme unha mensaxe coa información. E se souberdes de
xente que puider saber, se facedes o favor pasádelle o recado
Nenhum comentário:
Postar um comentário