26 de ago. de 2017

Benvindos, trinta e nove!


Hoxe cheguei aos 39. Debo facer dúas cousas con aquela listaxe que escribín hai uns anos co que quería vivir antes dos 40: encontrala e apurar. Onte, na autoestrada, un sinal lembrábamo: "40, peaxe" 😊

Obrigado a todo o mundo que me estades a felicitar! Vivirei os 39 o mellor que souber!

Por encanto, vou cantando co Projecto Mourente:
Som um rapaz
Que escalveou esbrancuxou
Vou para os corenta
E ainda nom sei bem quem som

Os anos nom
Me fam melhor
Nos meus defeitos todos
Eu vou para pior

11 de ago. de 2017

Dígoo por quinta vez: quero escoller o galego

Mesmo doe ter que entregar isto no rexistro. Un escrito para lle pedir por quinta vez á Deputación da Coruña que se poida consultar en galego un expediente sobre a planificación sociolingüística do galego!



8 de ago. de 2017

Até mañá, no Sermos

Até mañá aínda se pode comprar en librarías e quioscos o número de Sermos Galiza en que me entrevistan sobre a tese de doutoramento. Grazas a este semanario polo seu interese!




2 de ago. de 2017

Con debate e contrastes de opinións construímos o futuro


Vémonos hoxe na Coruña para falarmos de como, a pesar das obvias dificultades, se pode construír un futuro diferente, cheo de esperanza, para o noso idioma común.