Esta imaxe de Giannelli estaba hoxe na portada do Corriere della Sera, o xornal máis lido de Italia.
Sería imaxinábel este debuxo en calquera das grandes cabeceiras
españolas, aínda que fose nunha páxina interior par pegadiño á marxe?
Como pode ser que a información e a visión que nos repiten desde Madrid
sexa tan diferente das perspectivas que dan os medios internacionais
sobre a situación catalá?
Xa só
isto non é abondo para dar a voz de alarma e reparar en canto nos
xogamos mañá na vitoria de Catalunya todas as persoas que queremos
verdadeiras regras democráticas de convivencia, que pasen tamén pola
pluralidade informativa e a liberdade de expresión?
Nenhum comentário:
Postar um comentário