Unha das mellores decisións que tomei desde que estou aquí en Lisboa foi ir ao concerto de Alexander Search. Que incríbel marabilla de músicos, de posta en escena, de voz e de guía de Salvador Sobral.
Todo o que musican baixo este nome (e tan ben!) son textos en inglés de
Fernando Pessoa, coma estes versos, que a platea entoou con suavidade:
And in a strange way undefined
Lose in the one and living Whole
The limit that I call my mind,
The bounded thing I call my soul.
(Entre parénteses e con letra pequena, só faría unha proposta de mellora, para o Centro Cultural de Belém.
Do que menos gustei foi deses homes e mulleres que ían con pequenas
lámpadas para focaren con elas a quen tirase fotos ou fixese pequenas
gravacións durante o concerto. A min polo menos resultáronme máis
incómodas que as persoas que collían o seu telemóbel. Púñanse a correr
pola sala, a faceren luces intermitentes mesmo a ambos os lados dunha
fila. Na miña coincidiu que no medio había unha señora que non se
decataba de que lle facían luces a ela, e custou traballo que dese por
iso...)
Nenhum comentário:
Postar um comentário