8 de nov. de 2020

Pregón na Feira do Libro de Rianxo

Deixo por aquí o vídeo que gravou Carmela Queijeiro na Feira do Libro de Rianxo, cando dei o pregón, en xullo de 2018. Como alí comento, varios dos poemas que recitei apareceron no libro Inscricións.

Fisicamente, na praza non había moita xente, mais había xente querida. Un rostro inesperado, e que tanto me alegrou, foi o de Olga Novo. Lémbrome de que conversamos un pouco sobre esa marabilla que axiña publicaría co nome de Feliz Idade.

A gravación do acto foi, nos días seguintes, moito máis partillada no Facebook do que eu en ningún momento agardaba.



E, aquí, a noticia na TeleBarbanza, que gravou miña irmá: